Localizan a tres persoas perdidas no parque natural das Fragas do Eume

Ningunha delas necesitou asistencia médica

Tres persoas foron localizadas a noite deste mércores tras perderse nuns carreiros do parque natural das Fragas do Eume, na Capela (A Coruña).


O 112 comunicou este que recibiu unha chamada de alerta por parte dun dos integrantes dese grupo, que relatou que intentaran acceder ao mosteiro de Caaveiro, principal conxunto patrimonial dese espazo, pero perderon as referencias iniciais do camiño.

O servizo público de urxencias advertiu entón dos feitos a Garda Civil, Protección Civil e parque de bombeiros da veciña localidade das Pontes.

Un axente forestal incorporouse tamén ao despregamento antes de que o persoal de urxencias atopase ás persoas perdidas, sen que ningunha delas necesitase asistencia médica. 

comentarios