Galicia atoparase a partir do mediodía deste venres baixo a influencia dunha fronte fría que chegará desde Irlanda e que atravesará a comunidade.
Espéranse, ademais, que os ceos estean cubertos e que chova desde a mañá e con maior intensidade pola tarde.
Deste xeito, as temperaturas mínimas descenderán o venres, aínda que as choivas irán aminorándo a súa intensidade e facéndose menos persistentes segundo avance o fin de semana.