Instalación dunha segunda trituradora

Llano espera que Burela dispoña da nova depuradora en 2020

Confía en que sexa licitada o próximo ano e avanza que a obra ten unha complexidade notable
Llano y Fernández Rey, en la reunión con técnicos de Augas de Galicia
photo_camera Llano y Fernández Rey, en la reunión con técnicos de Augas de Galicia

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, sinalou este mércores, tras manter unha reunión con representantes de Augas de Galicia, que agarda que a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) da localidade sexa unha realidade no ano 2020.

Llano anunciou que iniciarán en breve os traballos de limpeza na zona portuaria na que se vai a asentar esta segunda Edar, para que así se poida realizar un primeiro estudo topográfico. A intención do rexedor burelense é que a estación salga a licitación o próximo ano e finalícese dous máis tarde, debido á complexidade que leva a súa construción.

O rexedor visitou os terreos xunto ao xefe de sección do departamento de obras de Augas de Galicia, Juan Álvarez de Gabriel, a outro técnico do ente público, á arquitecta municipal e ao concelleiro de obras, Ramiro Fernández Rei. "Estivéronnos contando como ía de avanzado o proxecto e como hai que situar as diferentes seccións na localización que temos preparada no porto, que son uns 3.000 metros cadrados", sinalou Llano.

CAPACIDADE. Así mesmo, o alcalde burelense recordou que esta Edar dará servizo a "apoximadamente 15.000 habitantes" e destacou a complexidade da actuación. "É unha obra moi esixente porque ten que coller nese espazo e están a tratar de mirar a mellor tecnoloxía a aplicar", apuntou.

Llano asume a espera necesaria "porque hai moita obra que facer, xa que hai que meter os separativos de pluviais e residuais, hai que facer obra para minimizar ao máximo as crecidas de auga que van parar ao porto, e un sistema de trituración e outras ferramentas que fan falta. É unha obra que agora mesmo están a proxectar e que supoñen que van rematar este ano, polo que durante o próximo pasaría a ser licitada, se é posible", comentou.

Á complexidade inherente da obra únese que "non é nada fácil traballar na zona portuaria e por iso vai requirir un traballo extraordinario", avanzou.

O rexedor indicou que na reunión do mércores tamén achegaron "os datos que solicitaron sobre consumo de auga en lugares singulares como o hospital, o porto ou o polígono industrial", dixo.

Comentarios