Liberada unha familia norteamericana en Paquistán secuestrada polos talibáns en 2012

Os cinco reféns, que foran trasladados desde Afganistán, foron rescatados sans e salvos

O Exército paquistaní afirmou este xoves que liberou ao canadense Joshua Boyle, a súa esposa estadounidense Caitlan Coleman e os seus tres fillos, tras recibir información de Estados Unidos de que foran trasladados a Paquistán desde Afganistán, onde foron secuestrados polos talibáns en 2012.

"Todos os reféns foron recuperados sans e salvos, e serán repatriados ao seu país de orixe", indicou nun comunicado a oficina de comunicación militar paquistaní (ISPR).

Os militares afirmaron que a intelixencia estadounidense informounos de que os secuestrados foran trasladados a territorio paquistaní o 11 de outubro a través da zona tribal de Khurram, fronteiriza con Afganistán.

Comentarios