Lezkano: "A defensa da confianza en ataque"

O técnico do Breogán encomia a capacidade do persoal celeste para manterse no partido
Natxo Lezkano
photo_camera Natxo Lezkano

O técnico do Breogán, Natxo Lezkano, encomiou a capacidade do persoal celeste para manterse no partido nos momentos de menor acerto: "O esforzo a nivel defensivo é o que nos está dando confianza en ataque. Incluso con malas porcentaxes e perdas de balón conseguimos seguir no partido. Iso é o importante, que o día que non nos saen as cousas ben en ataque teñamos opcións de gañar. Ata agora estivemos así e veremos se continúa esa dinámica", explicou o preparador vasco.

"Empezamos a bo ritmo, pero con moitas perdas de balón. Mantivémonos porque defensivamente estabamos correctos. Cando non perdemos o balón tivemos boas opcións, sobre todo de meter o balón por dentro e producir alí, porque tampouco estabamos acertados no tiro. Logo a dinámica cambiou, estivemos máis agresivos en defensa, puidemos correr, as rotacións foron moi produtivas e todo o mundo colaborou. Xogamos con máis cabeza e fómonos aos poucos no marcador", analizou o adestrador do Breogán.

Natxo Lezkano quixo facer un paréntese para destacar o labor solidario de Salva Arco: "Antes de nada quería facer unha mención especial a Salva Arco e darlle o parabén polo traballo que está a facer. Iso di o que é como persoa. Un sente moi orgullos de adestrar a persoas de ste nivel. Él vai seguir adiante e estou moi contento de ser o seu adestrador. Del e do resto de xogadores que día a día están a adestrar moi ben, competindo fenomenal. Séndome afortunado de adestrar a un grupo así".

Antonio Ten, técnico do Tau Castelló: "Quedo con que con máis acerto puidésemos competir"

Antonio Ten, adestrador do Tau Castelló, finalizou o partido contra o Breogán cunha sensación agridoce: "Eu quédome coa sensación de que tendo un pouco máis de acerto poderiamos competir. Non digo gañar, pero si competir e saír con outra cara de aquí", explicou Ten.

"Creo que fixemos unha moi boa primeira metade. Chegamos o final do primeiro cuarto con moi boas sensacións, e no segundo máis ou menos igual pero é que metemos oito puntos. A charla ao descanso e as sensacións eran positivas. E ao comezo da segunda parte igual, pero a metade do terceiro cuarto desconectamos", indicou o técnico do conxunto castellonenco.

Comentarios