As troitas e o polbo animan as citas festivas en lugares como O Valadouro, Fazouro e Burela

MAR2707P5F4.JPG
photo_camera MAR2707P5F4.JPG

A gastronomía foi onte un dos ganchos das festas que se celebraron en diversas partes da comarca e as troitas foron o prato que se degustou en Ferreira do Valadouro e Fazouro. Nesta última localidade a comisión de festas ofreceu de forma gratuíta as racións de troitas fritidas con cachelos, nunha festa que iniciaron o ano pasado e que repiten neste exercicio tras o éxito alcanzado. Con todo para esta edición introduciron notables melloras, como o contar con máis lumes para axilizar a elaboración do peixe, do que contaban despachar uns mil quilos.

Máis abundantes son as racións que se serviron en Ferreira, onde o parque foi o centro neurálxico do evento, coa repartición dunha porción de empanada e varias troitas recheas de xamón, acompañadas de pan e cachelos, ademais de auga ou viño. Todo isto ao prezo de catro euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios