As rutas guiadas gratis atraen a decenas de persoas ata a cidade do Landro

Un momento de las visitas, que parten de la Praza Maior vivariense. (Foto: Antonio López)
photo_camera Un momento de las visitas, que parten de la Praza Maior vivariense. (Foto: Antonio López)

O programa de visitas guiadas polo centro histórico da cidade do Landro atrae a decenas de persoas. Tal é a aceptación que ten que incluso participan algúns veciños. A iniciativa, impulsada pola asociación Centro Comercial Centro histórico de Viveiro, está xa plenamente institucionalizada dentro do programa da Semana Santa, no que cumpre catro anos.

Os participantes mostran a súa sorpresa ante os atractivos e a rica historia da cidade, pero tamén destacan o feito de que os vivarienses manteñan viva esta tradición dos seus antepasados. Grupos de máis de 50 persoas súmanse cada día aos itinerarios gratuítos que parten da Praza Maior. Hoxe será ás 16.00 horas, mañá sairá ás 17.30 e o domingo ás 13.00 horas.

As visitas culminan na carpa antesala do museo, instalada nas inmediacións da ábsida da igrexa gótica de San Francisco, razón pola que tamén permiten a interpretación da Paixón vivariense. O guía, Suso Martínez, móstrase contento por iso, dado que se a choiva impide a saída das procesións, os visitantes que acoden ás rutas poden coñecer a tradición, pero ademais «son un aliciente máis». Un dos desfiles que máis chama a atención é o dos Caladiños, na madrugada do Venres Santo, onde impresionan os fieis que en filas con velas acesas acompañan á Virxe da Soidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios