As reaccións dos protagonistas

O derbi galego deixou un empate a un gol nun partido igualado sen demasiadas ocasións claras de gol. Así o viviron os protagonistas.

ASPAS: "FALTOUNOS O ÚLTIMO EMPURRÓN". O dianteiro do Iago Aspas considerou como "positivo" o punto sumado ante o Deportivo porque lles permite achegarse "un pouco máis" ao seu obxectivo de clasificarse para Europa, nun partido no que, ao seu entender, faltoulles "un último empuxón" para finalizar as ocasións que tiveron.

"O punto é bo. Seguimos sumando, seguimos quintos con 49 puntos e é para estar máis que contentos. Todo o que sexa sumar dános opcións para unha futura clasificación europea que cada vez está máis cerca", comentou o atacante celeste, quen, no entanto, admitiu que ao seu equipo custoulle entrar no derbi.

"Nos primeiros vinte minutos gañáronnos o centro do campo pero a partir do empate xa só houbo un equipo sobre o terreo de xogo, monopolizamos todas as accións de ataque. Só nos faltou ese último empuxón para finalizar as ocasións. O equipo quixo pero non puido", subliñou.

Aspas, máximo goleador do Celta, segue coa súa particular maldición ante o eterno rival, ao que nunca marcou nin gañou: "Non lle dou maior importancia, o importante é o equipo. Ademais para min tamén era difícil porque viña de tres semanas sen xogar".

LUCAS: "O PARTIDO MÁRCAO O NON EXPULSIÓN DE WASS". Lucas Pérez, dianteiro do Deportivo da Coruña, destacou a importancia do punto sumado nun partido marcado, ao seu entender, pola non expulsión do centrocampista celeste Daniel Wass.

"Grandes equipos saíron derrotados de aquí, pero dá rabia por como se puxo o partido, aínda que este punto refórzanos, é moi válido para nós", comentou o atacante aos xornalistas tras o partido.

"O partido márcao a non expulsión de Wass -continuou o dianteiro deportivista-. Se o miras polo libro dos árbitros, tense que marchar. Aínda así, logo tivemos o 0-2 nesa xogada de Luis Alberto. Aí estivo outra de claves porque eles empátannos pouco despois".

O dianteiro coruñés comentou que "é un gran paso adiante" pero evitou celebrar a permanencia: "Ata que estea asegurada matematicamente non podemos celebrar nada. Hai que seguir traballando, quédannos sete partidos moi importantes porque isto non terminou".

VÍCTOR  SÁNCHEZ: "UN TRABALLO SENSACIONAL". "Eu prefiro quedarme con que fixemos un gran partido e soubemos competir en todos os aspectos. Teño que felicitar aos xogadores. Once contra once fomos superiores", comentou en sala de prensa o técnico deportivista, Víctor Sánchez del Amo, quen eloxiou aos seus futbolistas.

"O equipo fixo un traballo sensacional, xerando máis ocasiones que o rival e conseguindo que o Celta apenas fixese ocasións. Logo quedámonos cun menos a pesar de que Arribas dime que toca balón. A nós non nos están regalando nada, gañámonos todos os puntos que levamos", apuntou.

Falando do árbitro Víctor Sánchez foi máis aló: "A acción de Wass é segunda amarela, senón vermella, e non tivo esa aplicación. A xogada do posible 0-2 que é moi clara e ademais estanlle agarrando. De aí pasamos ao empate".

BERIZZO: "FALTOU PACIENCIA". O arxentino Eduardo Toto Berizzo, adestrador do Celta de Vigo, recoñeceu que ao seu equipo faltoulle "paciencia" en ataque para superar ao Deportivo da Coruña, e valorou como positivo o punto a pesar de que xogaron cun futbolista máis os últimos vinte minutos.

"É un punto que suma. O ataque non foi continuo. Tivemos refachos de fútbol na primeira parte e na segunda faltounos paciencia, fomos demasiado vertixinosos. Seguimos sumando, aínda que nos encantou gañar. O campo e a choiva dificultounos", comentou en rolda de prensa.

Para o adestrador do Celta, a actuación de Fernández Borbalán non foi decisiva no desenlace do choque: "Non vin que o árbitro influíse en nada. Foi un partido demasiado interrompido polos cambios e as faltas, pero non creo que fose decisivo".

Comentarios