As ratas atacan a iluminación de novo e deixan a Monforte ás escuras

Uno de los tramos de la Rúa San Pedro sin iluminación a última hora de ayer. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Uno de los tramos de la Rúa San Pedro sin iluminación a última hora de ayer. (Foto: Toño Parga)

Un novo apagamento puxo en dúbida o estado da iluminación pública de Monforte, que nos últimos meses sofre constantes avarías e deixa sen servizo de xeito aleatorio aos veciños de diferentes rúas da cidade. A dúas últimas noites quedaron ás escuras os que residen na Rúa San Pedro e durante o fin de semana tocoulle aos que viven no tramo da Avenida de Galicia, entre a parada de taxis e o cruzamento coa Rúa Ourense e nalgúns dos casos, a culpa lévana as ratas, como xa ocorreu no outono.

A noite do martes ao mércores e a de onte, a Rúa San Pedro estivo ás escuras nalgúns dos seus tramos, a pesar de que é unha das principais vías da cidade na que se sitúa o instituto Río Cabe, a propia estación de autobuses, as oficinas do Inem, da Seguridade Social e numerosos negocios. Tanto viadantes como condutores deron conta da situación e reclamaron unha solución urxente dada a falta de seguridade da vía. «Hai pasos de peóns xunto ao instituto nos que non se ve nada. Sáeche alguén e non es capaz de parar o coche», explicaba un veciño indignado ao peche desta edición coa rúa en penumbra.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios