As probas de ADN confirman que un cadáver achado nun piso de Barcelona é o dunha moza desaparecida en Motril

Os resultados das mostras de ADN practicadas ao cadáver achado a principios deste mes nun piso de Barcelona confirmaron que é o da moza de 27 anos de Motril, Granada, que permanecía desaparecida desde o pasado 4 de outubro.

Segundo informaron a Efe fontes xudiciais, os resultados, que foron dados hoxe a coñecer aos familiares, foron "coincidentes" entre as mostras enviadas dos pais e os da moza que foi atopada morta en Barcelona.

O avanzado estado de descomposición no que se atopaba o corpo motivou que o Xulgado número 33 de Barcelona solicitase aos familiares das nova probas de ADN para confirmar a súa identidade.

Os familiares desprazaranse nos próximos días a Barcelona para completar os trámites e trasladar o corpo.

Comentarios