As outras cifras do Camiño

Alumnos que participaron en la ruta matemática, con su maestra.
photo_camera Alumnos que participaron en la ruta matemática, con su maestra.

Existen moitos xeitos de percorrer o Camiño de Santiago pero, probablemente, os alumnos de sexto curso do colexio A Mercé de Sarria sexan ata a data os únicos en facelo provistos dunha cámara fotográfica, unha cinta métrica e un dossier con follas de rexistro para a recollida de datos. O motivo: a celebración da primeira ruta matemática organizada polo centro, que lles permitiu descubrir as outras cifras do Camiño, lonxe dos frecuentes balances de peregrinos.

Os alumnos do colexio abandonaron a aula por un día para recibir unha maxistral clase desta materia en pleno Camiño de Santiago. Unha actividade que tratou de mostrar «a presenza e a importancia das matemáticas na vida diaria. Se desempeñan un papel fundamental na escola é porque tamén o teñen na vida cotiá», di Rocío Rei.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios