As obras na AP-9 en Santiago obrigarán a desviar un tramo do Camiño desde o xoves

A ruta provisional, na chegada a Santiago desde o Monte do Gozo, manterase durante polo menos os catro meses que se prevé que duren as obras
Una señalización del Camino
photo_camera Una señalización del Camino

Un tramo do Camiño Francés será desviado provisionalmente a partir do próximo xoves debido ás obras de ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela, segundo informou este martes o Ministerio de Fomento.

As obras prevén a demolición do paso superior da estrada N-634 sobre a autoestrada, debido a non dispón de gálibo suficiente para o paso dese tramo da AP-9 e a substitución por unha nova estrutura, precisa Fomento nun comunicado. O desvío estará indicado para os camiñantes e peregrinos que percorren esa ruta a pé, en bicicleta e outros medios, así como para os vehículos.

"O tránsito de peregrinos estará debidamente sinalizado polo propio monte do Gozo, rúa das Estrelas, camiño San Martiño de Aríns pasando baixo a SC-20 para, a través da avenida de Fernando de Casas Novoa e a rúa de Miguel Ferro Caveiro, conectar de novo co itinerario do Camiño Francés" no barrio compostelán de San Lázaro, precisa a nota. Ese desvío será efectivo a partir do xoves ás 08.00 horas e manterase provisionalmente por uns catro meses ata a conclusión das obras.

Comentarios