As obras do Centro Integral de Saúde de Galicia licitaranse en maio

A principios de novembro será adxudicada a redacción do proxecto desta instalación, que se situará no inmoble do antigo Hospital Materno-Infantil de Lugo ►Almuiña di que Cardiología no Hula ten "potencial para seguir mellorando"
El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña, en el Hula
photo_camera El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña, en el Hula

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou que a principios de novembro será adxudicada a redacción do proxecto para executar a obra do primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia, que estará situado no inmoble do antigo Hospital Materno-Infantil, dentro do complexo do vello Xeral Calde (Lugo).

Na visita que realizou este venres pola mañá Vázquez Almuiña ao Hula para presentar os resultados da aplicación do programa Telea, confirmou que a intención do goberno galego é que a empresa encargada da redacción do proxecto estea a traballar "antes de final de ano". Segundo o titular da carteira sanitaria, tendo en conta de que a construción do Centro Integral de Saúde xa conta con asignación económica, o goberno galego confía en poder licitar a obra en maio.

O conselleiro de Sanidade afirmou que o servizo de Cardioloxía do Hula, que dirixe o doutor Carlos González Juanatey, é "modélico", pero ao ser preguntado pola posibilidade de que se implante no hospital un servizo de Hemodinámica 24 horas ao día, recoñeceu que "ten potencial para seguir mellorando", pero sen avanzar previsións sobre esa posible ampliación de horario.

En relación con esa vella demanda dos colectivos sociais lucenses, Vázquez Almuiña recoñeceu que a atención cardiolóxica está "nunha revisión continua" e o servizo que dirixe González Juanatey manexa xa nestes momentos "grandes números", cun equipo formado xa por "residentes" en Lugo.

En canto ás cifras de mortalidade, subliñou que Lugo se mantén "igual" que as demais áreas sanitarias, cun equipo de Cardioloxía que "ten potencial para seguir mellorando". Afirmou, nese sentido, que o Sergas está continuamente "reevaluando" a prestación dese servizo e as taxas de mortalidade, coa intención de "defender os investimentos" realizados con eficiencia na asistencia sanitaria.

Comentarios