As normas agrarias alteran a Feira do Queixo da Ulloa

Asistentes a la feria (Foto: PEPE TEJERO)
photo_camera Asistentes a la feria (Foto: PEPE TEJERO)

A Feira do Queixo da Ulloa celebrouse este domingo en Monterroso, por primeira vez nos seus 23 anos de historia, sen a exposición e venda das pezas realizadas polas artesás da zona.

A entrada en vigor da nova normativa da Xunta, esta mesma semana, impediu que as artesás acudisen ao mercado, xa que a lexislación esixe, entre outros requisitos, rexistrarse na Xunta como explotación agraria de venda directa. Con todo, o Concello, segundo explicou o seu alcalde, Antonio Gato Soengas, espera que as queixeiras poidan cumprir os requisitos para participar na Feira do Queixo de Nabiza, prevista para o próximo mes de febreiro.

En calquera caso, no recinto da Cúpula e nos seus arredores déronse cita medio centenar de postos de venda, entre os que destacaban dez de queixerías acollidas á denominación de orixe.

Comentarios