As mulleres rurais de Pol servirán 700 racións de cocido no San Isidro

Miembros de la asociación de mujeres rurales Olvido, junto al alcalde de Pol(Foto: N.Rodríguez)
photo_camera Miembros de la asociación de mujeres rurales Olvido, junto al alcalde de Pol(Foto: N.Rodríguez)

A décimo terceira edición da Festa de San Isidro de Pol converterá o próximo fin de semana a carballeira de Mosteiro nun auténtico mercado gastronómico e feiral, no que os asistentes ademais de adquirir os máis diversos artigos poderán comer tripas e faragullos o sábado, así como degustar máis de 700 racións de cocido que prepararán as mulleres polenses o domingo ao prezo de doce euros cada unha.

As mulleres rurais da asociación Esquezo de Pol, organizadoras desta cita, serán tamén as encargadas dos labores da intendencia gastronómica. De feito, decenas de voluntarias prepararán de forma altruísta o sábado as tripas e faragullos que degustarán logo as persoas que o desexen, tal e como avanzou a presidenta, Lucía Rodríguez.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios