As mellores orquestras do momento actuarán nas patronais de Burela

Alfombras florales en Burela (Foto: AMA)
photo_camera Alfombras florales en Burela (Foto: AMA)

Comeza a conta atrás para as festas patronais de Burela que, a pesar da crise e os recortes, prometen estar á altura, coa presenza dalgunhas das mellores orquestras do panorama musical galego.

Así, o programa inclúe para o fin de semana grande, o primeiro do mes de xuño, as actuacións de París de Noia e Garibaldi, o venres; Tekila e Samba, o sábado; Ciclón e Cinema, o domingo; e o luns, festivo local, Panorama e Palladium.

Este ano, o que se suprime é o concerto dalgunha estrela de renome que tradicionalmenete celebrábase o venres, pero non algunhas das actividades xa clásicas dos días previos como o concurso de playback.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios