As pingueiras no pavillón do Mato Vizoso impiden dar Educación Física

Estado actual del pabellón, en el que se acumulan los charcos. (Foto: M.Roca)
photo_camera Estado actual del pabellón, en el que se acumulan los charcos. (Foto: M.Roca)

Os alumnos do Ceip Mato Vizoso de Vilalba levan todo o curso sen recibir clases de Educación Física. As humidades e as pingueiras existentes no pavillón do centro, que denuncian a Anpa e o consello escolar desde hai anos, impiden aos estudantes desenvolver actividades nesas instalacións.

Os pais, que se reunirán co xefe territorial de Educación da Xunta en Lugo o 4 de febreiro, denuncian unha situación que se prolonga desde hai demasiado tempo, sen ter respostas nin por parte da Xunta nin do Concello, que aluga as instalacións a diversos colectivos deportivos polas tardes.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios