As festas, aos ollos dun neno de Magoi

Ambiente festivo en la Praza Maior durante el pregón, al que no faltaron ni los Pelúdez ni un caracterizado San Froilán (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Ambiente festivo en la Praza Maior durante el pregón, al que no faltaron ni los Pelúdez ni un caracterizado San Froilán (Foto: Pepe Álvez)

Paco Martín mudou temporalmente o pantalón longo e a camisa por outro curto e un polo para recordar, a través da mirada dun neno de Magoi, as festas de outrora. Este escritor, no día do seu santo, rememorou no seu pregón aqueles espectáculos do San Froilán, como os do Teatro Arxentino, Barriga Verde, a feira nos terreos da actual estación de autobuses ou as carreiras de motos ao redor da muralla, que se perderon no tempo.

Paco Martín, que enxalzou a condición de bos anfitrións dos lucenses porque «eiquí nunca reparo tivemos en acoller como noso a todo aquel que chega de boa fe», recordou que nos seus anos mozos as festas supuñan «o tempo de mudar as beiras do río polo asfalto da urbe e mergullarse no rebumbio» dos autos de choque, da tómbola do xamón ou do gentío.

O polbo tamén tivo o seu espazo no pregón. O creador do personaxe Ramón Lamote aproveitou a súa alocución desde o balcón da Casa do Concello, ante un concorrido aforamento na Praza Maior, para reivindicar que as casetas do polbo nas que se pode degustar o prato por excelencia do San Froilán pásense a chamar «garigolo». Así denominaba «o señor Jacinto» « efémera» construción de «táboas espidas» que tiña no antigo campo da feira. Argumentou esa proposta para darlles así «personalidade propia ás que son do San Froilán que ben merecen diferenciarse das que poida haber en calquera outra parte do mundo».

Aparcando por uns días a crise actual, o que foi premio nacional de literatura infantil animou aos lucenses, que son os que «verdadeiramente deben facer a festa», a vivir con «intensidade» estas patronais.

«Tempo haberá para esforzos, traballos e desilusións, este é o momento de reivindicar o pouco práctico, o nada eficaz, o reino do soñado, o intre no que se poden pensar como certas algunas das nosas máis gardadas fantasías», dixo o escritor lucense.

Tras o pregón, mentres os Pelúdez entraban a lombos de motos de gran cilindrada na Praza Maior, como un elefante nunha cacharrería, a Policía Local desaloxaba parcialmente aos manteros da Rúa Bispo Aguirre.

PROGRAMA
O día do patrón

Os máis madrugadores neste día festivo poden escoitar ás 11.00 horas á Cé Orquestra Pantasma na Rúa da Raíña, ás 12.00 aos Trastiños de Castelo no barrio da Cheda e no centro histórico e ás 12.30 á Banda Municipal de Lugo no fornelo da Praza Maior.

Ofrenda

Ás 11.30 horas abre as súas portas ao público, ata o día 12, Artesanfroilán e ás 12.00 é a ofrenda da corporación municipal ao patrón na catedral.

O mago Antón actúa, xunto a outros tres ilusionistas, no Magomóvil. Ao prezo dun euro poderase visitar ata o día 12. Os festivos e fins de semana haberá pases, cada hora, desde as 12.00 horas e os días laborais a partir das 18.00.

Os máis pequenos

Dentro do programa San Froilán Miúdo, os zancudos e percusionistas de Gostoso Pa actúan ás 11.30 e ás 17.00 horas na Praza de San Marcos e a compañía Malabaranda representa ‘Resi dúo' na carpa dos xardíns da Deputación.

‘Os Pelúdez entre nós' animarán as rúas do centro e as do feiral desde as 12.45 horas. A compañía Parápono Teatro actuará na porta de Bispo Aguirre ás 17.30 horas. E ás 19.30 horas o grupo Pelepau será o encargado de pór ambiente no recinto histórico.

Comentarios