As explicacións do 'molt honorable', nas súas mellores frases

Estas son algunhas das frases máis destacadas da intervención do expresidente da Generalitat Jordi Pujol ante o Parlament, onde compareceu para dar explicacións sobre os seus fondos ocultos no estranxeiro:


-"Eu non fun un político corrupto".

-"Nunca recibín diñeiro a cambio dunha decisión política ou administrativa".

- "Eu non decidín facer política para gañar diñeiro. Diñeiro xa tiña"... "Perdín moito diñeiro na política".

- "Un home de 40 anos con diñeiro pode dedicarse a facer máis diñeiro, coleccionar arte, comprar leiras... Eu non fixen nada disto" (sobre a herdanza que dixo recibir do seu pai).

-"Poida que haxa intervencións moi críticas e incluso moi duras, pero, moi probablemente, non o serán tanto como as recriminacións que eu mesmo me fago".

- "Se vas segando a rama dunha árbore ao final cae a rama (...) caerán todas e sería responsabilidade de todos os que practicaron este tipo de política".

-"Informei sobre aspectos que ninguén me pedía. Eu tiven a necesidade moral. Espinme diante da opinión pública".

-"Estou excitado porque me dá pena algunhas das cousas que se fixeron e por falta de audacia dalgunhas das cousas que se dixeron".

-"Hai moita xente que non compareceu por cousas menos delicadas e complicadas que a miña. Non me negarán que tiven respecto ao Parlament".

comentarios