As empresas buscan saída á súa produción na exportación

Fábrica de Pescados Rubén, en Fazouro. ama
photo_camera Fábrica de Pescados Rubén, en Fazouro. ama

As principais empresas da Costa lucense atopan na exportación unha alternativa para sortear a difícil situación económica do mercado nacional. A crise motiva que cren departamentos específicos de internacionalización e que busquen novas canles no exterior nos que dar saída á súa produción.

A firma Pescados Rubén, con sede en Fazouro, Foz, exporta e importa desde hai unha década. O peixe conxelado, sobre todo pelágicos, entre os que destaca a caballa, concentra as súas vendas ao estranxeiro, ao que abastece co 20% do seu produto. A empresa comezou a abrirse ao exterior porque entendeu que o mercado nacional xa estaba cuberto, «pero aínda tiñamos moito produto», confesa Conchi Branco, directora de exportación. Iso motivou que buscasen novos mercados e fixérono a través das misións comerciais da Cámara de Comercio, tanto inversas -nas que acoden clientes buscando provedores- como directas -viaxes ao país obxectivo para detectar clientes potenciais-.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios