As crecidas dos ríos poñen en serio perigo a campaña de recría troiteira

Directivos de los pescadores de los ríos Furelos y Pambre observan un árbol caído en el cauce. Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Directivos de los pescadores de los ríos Furelos y Pambre observan un árbol caído en el cauce. Foto: XESÚS PONTE

As continuas e intensas borrascas que sofre a provincia desde hai máis de dous meses están a empezar a ter consecuencias nos ríos lucenses. Aínda que de momento, os desbordamentos non son demasiado importantes, os pescadores están alerta, xa que se se continúan sucedendo os temporais, a actual campaña de recría de troitas podería estar en serio perigo.

Os pescadores explican que estes salmónidos acaban de finalizar a súa época de desova, polo que agora son os alevíns os que asucan as augas. Para sobrevivir, as crías buscan sempre as zonas do río con menos corrente e, cando o río baixa desbordado, a parte invadida pola auga é precisamente a que elixen para nadar.

O problema xorde cando o nivel descende e o río regresa á súa canle. É entón cando os alevíns quedan atrapados nos prados das beiras, para acabar morrendo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios