As estradas do carbón

Eliseo Barro viaja hacia a As Pontes para descargar el camión en el parque de carbones de Saa. C. ARIAS
photo_camera Eliseo Barro viaja hacia a As Pontes para descargar el camión en el parque de carbones de Saa. C. ARIAS

Nome: Eliseo Barro. Idade: 37 anos. Profesión: Camioneiro, un dos 130 que forman o colectivo de transportistas do carbón, o último elo dunha longa cadea que se inicia nun barco en EE.UU. ou Indonesia co obxectivo de trasladar ás Pontes o carbón necesario para dar para comer á gran central térmica de Endesa.

O medio de Eliseo, ou Eli como reza o seu camión, son as estradas para o transporte de hulla importada, desde o porto exterior de Ferrol ao parque de carbóns de Saa, nas Pontes, desde onde o combustible vai directo en cintas para ser devorado no seu destino, a central, que desde 2007 e tras o peche da mina local, pasou a consumir só carbón foráneo.

Máis de 600.000 transportes para 13 millóns de toneladas

Desde que Endesa abriu a súa nova terminal no porto exterior de Ferrol en 2008 xa recibiron un total de cen barcos, chegados de Indonesia e EE.UU. O colectivo de transportistas encargouse de mover todo ese carbón, que alcanza unha cantidade que supera os 13 millóns de toneladas de hulla. Para iso, foron necesarios máis de 600.000 transportes por estrada. O ano pasado, en concreto, realizáronse 180.000 viaxes.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios