As administracións coordínanse para atender os damnificados polos incendios

O Goberno, a Xunta, as catro deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) estudan a posta en marcha de diversas axudas de xeito coordinado para atender os damnificados polos recentes incendios forestais que afectaron a toda Galicia.

O lume, que causou catro vítimas mortais, obrigou a desaloxar a máis de dúas mil persoas e afectou a unhas 70 vivendas, a outras tantas instalacións e a medio centenar de vehículos.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, mantivo na mañá deste martes unha reunión de traballo para analizar os danos provocados polos incendios forestais e as posibles medidas a adoptar entre as Administracións implicadas.

Ao encontro asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; os catro subdelegados do Goberno na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, representantes da Fegamp e das deputacións das catro provincias galegas.

Comentarios