Lara Méndez defende a liberdade da edila que sae en Interviú

Lara Méndez
photo_camera Lara Méndez

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, defendeu este mércores a liberdade da que será próxima concelleira do Partido Socialista no municipio de Ribadeo, Cristina Losas, que adquiriu notoriedade por mor da súa presenza no programa Ahora caigo, de Antena 3, e que é protagonista esta semana dunha reportaxe na revista Interviú, ilustrada cunha fotografía súa lixeira de roupa.

Despois dos ataques recibidos por colectivos feministas, Lara Méndez recordou que "cada quen é moi libre de saír e de facer as declaracións que crea convintes e oportunas", porque "a liberdade de expresión hai que respectala sempre".

De feito, a rexedora local asegurou que se trata "dunha compañeira feminista", que "reivindica a igualdade". "Que saia ou non nunha revista é unha cuestión persoal", concluíu.

En principio, está previsto que Cristina Losas tome posesión da súa acta como concelleira no pleno ordinario de marzo.

Comentarios