martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

A Xunta presenta dous programas para fomentar o turismo en Lugo

José Manuel Balseiro
José Manuel Balseiro
José Manuel Balseiro presentou as iniciativas coas que pretende "fomentar e ampliar a oferta" na provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou os programas que promove Turismo de Galicia na tempada de outono, co fin "potenciar" a oferta do sector na provincia e "reforzar" o seu papel "como alicerce fundamental da economía lucense".

En concreto, o sector supón máis do 11% do PIB da provincia e máis do 12% do emprego que se xerado. "Para seguir avanzando e consolidando esta actividade económica na provincia, logrando un maior gasto por visitante e incrementando a calidade da oferta, Lugo acollerá a undécima edición do Outono Gastronómico e a ruta de trens turísticos Lugo Romano".

Estas dúas iniciativas, destacou, "van contribuír a profundar na liña de desestacionalización da demanda turística", un dos retos fixados na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, texto acordado entre a Xunta e o sector que recolle os compromisos, retos e oportunidades neste ámbito.

Sobre o primeiro programa, trátase dunha "exitosa" proposta de turismo rural que ofrece, ata o 17 de decembro, unha combinación de restauración e aloxamento con modalidades e prezos "moi" atractivos "que van dos 30 aos 300 euros".

Balseiro explicou que os vinte establecementos participantes ofrecerán dous menús diferentes, con produtos galegos "de recoñecida calidade, deseñado especificamente para este fin". Así mesmo, para adaptarse ás necesidades e preferencias dos diferentes tipos de viaxeiros, proponse as modalidades Menú Outono Gastronómico sen pasar a noite, Paquete Outono Gastronómico para unha noite, Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas noites e Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos.

O delegado destacou que esta "folla de ruta" está a dar os seus froitos tamén no turismo rural, pois nos sete primeiros meses deste ano creceu máis dun 7% segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Por canto ruta en tren, este sairá da Coruña (con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela) o vindeiro sábado 30 de setembro e o sábado 28 de outubro. Esta actividade inclúe visitas Casa Dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, que, como recordou, é Patrimonio Mundial, ademais dunha estancia no balneario de Lugo.  Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de corenta euros (adultos) e vinte (nenos).

Os interesados poden atopar a información completa na páxina web turismo.gal. "Por primeira vez, as locomotoras non se deteñen co fin do verán, se non que seguen en setembro e outubro con novos destinos e propostas", aplaudiu.

A Xunta presenta dous programas para fomentar o turismo en Lugo
comentarios