A Xunta mellora a oferta de TDT doutros 130 lucenses

O reemisor do Xistral activará este venres 23 un novo múltiplex, que permitirá completar a recepción da televisión dixital terrestre (TDT) en varias zonas de sombra dos municipios lucenses de Muras e Ourol. Os traballos feitos pola Xunta favorecerán a ao redor de 130 persoas.

Desta forma, os beneficiados poderán gozar das novas canles de TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

  • Canle 47: TVEHD, TDP (Teledeporte)
  • Canle 44: Cuatro, Canal+ Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
  • Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
  • Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada de devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica (981 572 154) ou na web da oficina técnica da TDT. Ademais, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HD TV.

O inicio das emisións destes múltiplex forma parte do plan de homogeneización de coberturas da Xunta de Galicia, que supón a posta en marcha de 67 centros emisores en toda a comunidade.

Comentarios