miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

A Xunta mantén a súa oferta de 500.000 euros para o xeriátrico

Mato (en el centro), con la plataforma en favor de la residencia de Ribadeo. (Foto: AMA)
Mato (en el centro), con la plataforma en favor de la residencia de Ribadeo. (Foto: AMA)

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, envioulle antonte unha misiva ao rexedor ribadense, Fernando Suárez, para ratificar que a Xunta «mantén a súa proposta do día 10 de setembro», sobre a futura construción dun xeriátrico para a localidade. A mandataria cre que o mellor para os veciños sería que o Goberno concertase e mantivese as prazas, pero accedeu, como lle solicitou a plataforma veciñal en favor do servizo, a achegar 500.000 euros, en dúas anualidades, para construír o centro.

«Aportariamos 200.000 euros no 2014 e 300.000, no 2015», puntualiza, xa que non sería «realista facer unha planificación que supere os dous anos de horizonte, xa que non existen indicadores suficientes que permitan valorar o escenario orzamentario do 2016».

Consiga AQUÍ a información completa

A Xunta mantén a súa oferta de 500.000 euros para o xeriátrico
comentarios