A Xunta insta as explotacións a facer seguros contra a seca

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, manifestou hoxe que o seu departamento traballa para "mentalizar" ao sector agrogandeiro de que é necesario que as explotacións teñan un seguro que os cubra tamén contra a seca.

En resposta a unha pregunta do PPdeG no pleno, Quintana indicou que ata o momento esta seguridade "nunca fixese falta" polo que, neste momento, "son poucas" as explotacións que contan con este tipo de seguro, que é máis habitual noutras comunidades.

Pero dada a situación climatolóxica actual en Galicia, "temos que traballar para mentalizalos", afirmou a conselleira, quen considera que é necesario que "amplíen este tipo de seguro".

Quintana puxo en valor as medidas adoptadas pola Xunta para paliar os efectos da seca no sector, como o adianto a través do financiamento de intereses de créditos, das axudas da PAC (Política Agraria Común) e garantiu que ante esta situación a Xunta responde "de xeito máis eficaz e eficiente".

Comentarios