A Xunta estudará a creación de carrís bici en estradas de Terra Chá

A Xunta de Galicia licitou un contrato para analizar a posibilidade de crear sendas peonís ou carrís para ciclistas en tramos das estradas autonómicas da comarca lucense de Terra Chá, co obxectivo final de fomentar "a mobilidade sostible".

Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nun comunicado, o goberno autonómico "investirá máis de 100.000 euros na redacción dese estudo", que servirá para "propor accións concretas que favorezan os desprazamentos a pé ou en bicicleta".

Ese contrato enmárcase, sostén a Xunta de Galicia, nun "conxunto de actuacións" que o propio Goberno galego está a desenvolver para impulsar "formas de transporte menos contaminantes".

A Consellería que dirixe Ethel Vázquez utilizará "o produto deses traballos para programar un investimento de máis de 28 millóns de euros de fondos europeos que o orzamento comunitario 2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia".

Comentarios