A Xunta encarga un estudo da poboación de troitas do río Parga

Personal de Sayfor realiza uno de los muestreos piscícolas en el río Ladroil, junto al puente de Montemeá. (Foto: C. Pérez)
photo_camera Personal de Sayfor realiza uno de los muestreos piscícolas en el río Ladroil, junto al puente de Montemeá. (Foto: C. Pérez)

Persoal da empresa lucense Servizos Ambientais e Forestais Consultores SL (Sayfor) realiza unha mostraxe piscícola no río Parga en Guitiriz e varios dos seus afluentes por encargo da Xunta de Galicia, para analizar o estado da poboación de troitas na zona tras a veda imposta esta tempada e a solta de preto de mil reprodutoras realizada pola sociedade de pescadores Amigos do Parga hai un mes.

«Soltouse troita reprodutora en varias zonas do río porque a poboación estaba baixa e en setembro é posible que se bote alevín se é necesario», explica Fernando Prieto, presidente de Amigos do Parga, quen aclara que, a pesar da prohibición de pescar en boa parte do río, foron sorprendidos varios furtivos na zona.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios