A Xunta devolve o edificio de Expolemos ao Concello de Monforte

Las autoridades, en el exterior del centro. Foto: XLQ
photo_camera Las autoridades, en el exterior del centro. Foto: XLQ

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, formalizou este venres a entrega do edificio Expolemos ao Concello de Monforte, despois de que hai varios meses cesase a actividade no mesmo desde que a Administración autonómica eliminou os centros comarcais. O complexo reverte no Concello tendo en conta que na cláusula de cesión dos terreos municipais determinábase que no caso de cesar a actividade volvería a mans do Concello. O alcalde, Severino Rodríguez, subscribiu con Rueda a reversión.

O número dous da Xunta resaltou a aposta do Goberno galego pola "cooperación entre administracións para evitar duplicidades e ofrecer mellores servizos aos cidadáns".

Roda, logo de pechar o expediente de cesión de Expolemos, acto no que estivo acompañado pola delegada territorial, Raquel Arias, dirixiuse ao Centro de Información á Muller (CIM), emprazado na parte alta da praza de abastos. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, esperaba alí á comitiva para coñecer as instalacións e manter unha reunión de traballo co alcalde, a concelleira de igualdade, Ana Casal, e o persoal que atende o servizo.

Tanto Rueda como Abella resaltaron o labor do CIM e recordaron que desde o ano 2009, a Xunta destinou 250.000 euros para manter o servizo, que ten ámbito comarcal. Neste centro atendéronse o ano pasado 5.672 consultas.

Comentarios