A Xunta destinará 20 millóns para os gastos das adegas

O Goberno galego apoiará aos adegueiros cunha liña de financiamento de ata 20 millóns de euros para facilitar o pago dos gastos da vendima aos produtores.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sinalou que con esta iniciativa o seu goberno responde a unha demanda tanto dos adegueiros como dos produtores.

A axuda farase efectiva por medio de avais, podendo cada solicitante recadar un beneficio máximo de dous millóns de euros, facéndose a repartición en función do volume das adegas e e do colleiteiro.

O Goberno galego ha dado hoxe o visto e prace, ademais, ao apoio a dez grandes liñas para proxectos empresariais en varios sectores tamén estratéxicos para Galicia, como a automoción, a lousa e a transformación da madeira.

Estes proxectos súmanse a outros quince, que xa apoiaba a Xunta, e supoñen unha mobilización de 107 millóns de euros en conxunto que axudarán a crear ou manter 2.300 empregos.

O 40 % destes novos proxectos instalaranse nas provincias de Lugo e Ourense, na Costa da Morte e en área Ferrol-Eume-Ortegal.

Comentarios