A Xunta declara a fábrica de Sargadelos de Cervo Ben de Interese Cultural

O Goberno galego aprobou hoxe un decreto polo que declara Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento a fábrica de Sargadelos ligada ao Laboratorio de Formas en Cervo.

Segundo afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión semanal do Executivo autonómico, trátase dun conxunto "destacado e único en Galicia" que debe ser conservado e posto en valor, "símbolo dun proxecto industrial, cultural, social e da identidade galega", defendeu.

Por outra banda, Núñez Feijóo instou nomeado ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, embaixador de honra e vitalicio do Camiño de Santiago, unha ruta da cal este ano concluíu diferentes atapas acompañado da chanceler alemá Angela Merkel e noutra do primeiro ministro xaponés Shinzo Abe.

Comentarios