A Xunta catalogará a tumba medieval localizada nunha praia de Barreiros

La tumba, en foto difundida por Mariña Patrimonio
photo_camera La tumba, en foto difundida por Mariña Patrimonio

A Xunta acordou incluír no inventario de xacementos arqueolóxicos a tumba medieval localizada na praia de Coto, Barreiros (Lugo), trala solicitude realizada pola asociación MariñaPatrimonio.

Esta entidade solicitara o pasado mes de abril ao Servizo de Patrimonio da Xunta a inclusión neste inventario ao considerar que se trataba dun novidoso e importante sitio arqueolóxico "que cumpría documentalo, dalo a coñecer e protexelo".

A sepultura está situada a novecentos metros da capela de San Bartolo e, segundo MariñaPatrimonio, "probablemente exista entre ambas algunha relación".

A tumba, labrada na rocha, de época medieval, foi descuberta por un veciño de Ribadeo na praia de Coto.

Comentarios