A Xunta asignará unha nova traballadora social á Mancomunidade Terra Chá

A Xunta asignará nos próximos meses unha nova traballadora social para a Mancomunidade de municipios de Terra Chá, tal e como avanzou o presidente do ente, Armando Castosa, que precisou que a ampliación deste persoal posibilitará asignar de forma máis estable un profesional a cada un dos cinco municipios mancomunados.

O presidente da mancomunidade chairega e alcalde de Cospeito recordou que ata o momento eran catro os traballadores sociais que viñan realizando os seus distintos labores profesionais nos municipios da Pastoriza, Abadín, Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei, aos que acudían con periodicidade regulada a través de quendas rotatorias.

Castosa apuntou, no entanto, que a incorporación dunha nova traballadora social permitirá mellorar sensiblemente a prestación deste tipo de servizos, xa que cada municipio terá á súa disposición a tempo completo un profesional para desempeñar os labores.

Comentarios