A Xunta amplía a súa participación en Reganosa

Compra unha parte das accións por 8,9 millóns de euros co obxectivo de reforzar "a galeguidade" da empresa

A Xunta, tras a desinversión de Gasifica en Reganosa, exercitou o seu dereito de subscrición preferente de compra de accións para que a planta de Mugardos continúe tendo un capital maioritariamente galego.

Segundo informa a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Xunta faise desta forma cunha parte das accións de Gasifica –que era titular do 21% do capital– por 8,9 millóns de euros, e pasa así dunha participación do 17,5% ao 24,31% da composición accionarial da compañía.

A operación complétase, segundo explica o departamento autonómico, coas adquisicións, por parte de Gadisa e de Forestal do Atlántico, do resto de accións de Gasifica, de modo que a primeira alcanza o 28,6% do capital social e a segunda o 22,53%.

Comentarios