A web de Lugo Terra triplica as súas visitas desde que Tosar apadriña a campaña

A web do programa de promoción turística Lugo Terra, da Deputación Provincial, viu triplicadas en tan só unha semana o número de visitas, xusto desde que se presentou ao actor Luís Tosar como imaxe da campaña. Deste xeito, segundo indicaron desde a área de turismo da institución provincial, das 450 entradas rexistradas en internet na semana anterior a darse a coñecer a noticia pasouse a 1.173.

Para o goberno provincial esa circunstancia «é unha boa mostra do gran efecto chamada» que suporá a imaxe de Tosar para atraer visitantes ao autobús turístico que promocionará a provincia de Lugo polo norte e centro de España.

Ese itinerario arrinca mañá e incluirá paradas do vehículo en 16 cidades, entre as que figuran, entre outras, Barcelona, Madrid, Bilbao, Zaragoza, Santander e Xixón. O bus promocional estará en ruta ata finais do mes de abril.

Comentarios