A vendima péchase na Ribeira Sacra cun descenso da produción

A diminución xa estaba prevista en función dos controis previos ao comezo da recolección
Vendimia en una bodega de la Ribeira Sacra
photo_camera Vendimia en una bodega de la Ribeira Sacra

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirmou que a vendima se pechou oficialmente no territorio amparado pola denominación de orixe cunha baixada de produción que cifra en torno ao 15%, unha diminución que xa estaba prevista en función dos controis previos ao comezo da recolección da uva.

José Manuel Rodríguez afirmou que o consello regulador fai unha valoración "positiva" da vendima deste ano a pesar dese descenso de produción, porque a cantidade de uva que entrou nas adegas, "cinco millóns e medio de quilos, fronte aos case 6,4 do pasado ano", son "para estar contentos".

Chegarán, opina, para "cubrir as necesidades" desta campaña, aínda que tamén recoñeceu que "haberá menos viño e as adegas terminarano antes".

En todo caso, recordou que "cando as vendimas son secas", como sucedeu este ano, "sempre temos un bo ano de viño".

Lamentou circunstancias como a aparición do Mildiu, o pedrisco no verán ou os meses de seca, pero opina que non afectaron "substancialmente" ao conxunto da denominación.

Comentarios