A tranquilidade reinou no primeiro día de selectividade no instituto Vilar Ponte

Estudiantes durante uno de los exámenes (Foto: Álvez)
photo_camera Estudiantes durante uno de los exámenes (Foto: Álvez)

Un total de 34 alumnos da Mariña e Ortigueira empezaron onte no IES Vilar Ponte as probas de acceso á universidade nunha xornada que transcorreu tranquila e sen sorpresas.

«Hai certas preguntas do temario que caen sempre, mais ou menos xa sabíamos o que iba entrar», sinala Dores Lozano. Os alumnos que optan polos ciclos mostrábanse serenos, como sinala Borja Arias: «Nós temos menos presión e estamos máis calmados nese sentido». Por outra banda algúns como Maryorit Romeu, que queren acceder a un grao e repiten as probas, confesan haberse posto algo nerviosos «ante o medo a fracasar de novo».

Os alumnos que xa decidiron realizar un ciclo prefiren presentarse ás probas por se nun futuro deciden continuar estudos superiores. «Eu teño pensado facer un ciclo pero quero superar os exames porque ó mellor máis para adiante opto por facer unha carreira, nunca se sabe», apunta Ivonne Pernas. Entre os que repiten experiencia e pensan en iniciar estudos de grao a desilusión está presente, xa que varias titulacións con límite de prazas xa están pechadas e elixen realizar un ciclo ou esperar ao ano seguinte. Isabel Belas apunta que «quería facer psicoloxía pero xa non hai prazas», polo que esperará «ata o ano porque na casa prefiren que quede en Galicia».

Algúns deciden desprazarse a outro lugar para poder realizar os estudos que escolleron. Así, Alba Montes subliña que se vai «para Oviedo para cursar estudos de dereito», xa que aquí non pode.

Comentarios