martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

A toma de reféns fai a Hollande interromper o gabinete de crise

O presidente francés, François Hollande, interrompeu hoxe a terceira reunión de crise cos membros do seu Goberno ante a toma de reféns en Dammartin-en-Goele, ao nordés de París, por parte dos dous sospeitosos da masacre de Charlie "Hebdo", informaron fontes do Elíseo.

O gabinete de crise, consagrado á operación policial en curso contra os dous presuntos autores do atentado contra o semanario "Charlie Hebdo", comezara ás 09.00 hora local (08.00 GMT).

O xefe do Estado regresou ao seu despacho tras ser informado o curso recente dos acontecementos.

As forzas da orde despregadas na zona desde onte intercambiaron disparos con dous sospeitosos no departamento de Seine-et-Marne, á altura da localidade de Dammartin-en-Goële, ao noroeste de Paris, segundo informan fontes policiais.

A toma de reféns fai a Hollande interromper o gabinete de crise
comentarios