A solidariedade cóntase en xiros

ELP2908P10F2.JPG
photo_camera ELP2908P10F2.JPG

A súa cara de satisfacción e o seu sorriso dicíano todo e, á vez, tapaban calquera físgoa de cansazo que puidese ter no seu corpo. E é que non era para menos, xa que superara, e ademais con fartura, o reto que se propuxo para concienciar sobre a esclerose múltiple e recadar fondos para axudar á asociación lucense sobre esta doenza, Alucem.

Ángel Ramón Campos López, vilalbés de adopción e maño en orixe, é o promotor da campaña solidaria Infinitos Motivos, coa que deu nin máis nin menos que 888 voltas á Torre dos Andrade de Vilalba, completando unha distancia de case 54 quilómetros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios