TEMPERATURAS

A semana arrinca con nebulosidade á espera de que mellore o martes

Galicia terá na xornada do luns unha situación intermedia entre altas e baixas presións, de forma que será unha mañá de ceos abertos aínda que con néboas no interior e un aumento da nebulosidade pola tarde.

As nubes faranse máis compactas canto máis ao norte, onde incluso non se descarta algunha choiva débil, illada e ocasional nas últimas horas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

Comentarios