A selectividade manterase un ano máis na Mariña

Los exámenes tienen lugar en el Ies Vilar Ponte de la ciudad del Landro. JOSÉ Mª ÁLVEZ / AMA
photo_camera Los exámenes tienen lugar en el Ies Vilar Ponte de la ciudad del Landro. JOSÉ Mª ÁLVEZ / AMA

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug) comunicou ao Concello de Viveiro e aos institutos da comarca que a celebración das probas da selectividade manterase este ano na Mariña despois de que o Concello vivariense completase o pago que lles corresponde aos municipios mariñáns para que os estudantes da zona poidan examinarse na Costa lucense e non teñan que desprazarse a Lugo.

O organismo autonómico remitiu no mes de novembro do pasado ano unha notificación ao Concello sobre a situación da débeda que os concellos da Mariña lucense manteñen coa institución. A comunicación fixo que a dirección do instituto Vilar Ponte contactase co seu homólogo do Barco de Valdeorras, que tamén acolle as probas, fóra dunha gran cidade, onde lles indicaron que eles non tiveron ningún tipo de problema.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios