A sardiña apareceu e vendéronse máis de 700 caixas

Barcos del cerco, en el puerto de Burela. (JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera Barcos del cerco, en el puerto de Burela. (JOSÉ Mª ÁLVEZ)

A sardiña vai entrado con contagotas ás lonxas da comarca e se o pasado venres apenas se superaron os 1.500 quilos de sardiña entre as rulas de Burela e Celeiro, onte a cantidade foi sensiblemente superior coa poxa de algo máis de 700 caixas (de 12,5 quilos cada unha) deste peixe, o que supón preto de 8.500 quilos de sardiña. O peixe, que aínda que chega xa tarde para celebrar as fogueiras de San Juan, foi ben recibido nas lonxas, con prezos que roldaron os 40 euros para as caixas con mellor produto mentres que as máis alcanzables non baixaron de 26 euros.

En Celeiro foron unhas 400 caixas as descargadas onte por tres cerqueiros locais, segundo explicaba o xefe de cancha, Casio Arrizado, desde a poxa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios