A Roma de Monchi quere ao galego Lucas Vázquez

O club italiano está disposto a pagar 35 millóns polo de Curtis
Lucas Vázquez
photo_camera Lucas Vázquez

Lucas Vázquez é o obxecto de desexo de Monchi, novo director deportivo da Roma. O de Curtis, que coa irrupción de Asensio e o asentamento de Isco perdeu algo de protagonismo a tempada pasada no Real Madrid, é o reforzo que busca o club italiano ante as dificultades para fichar a Mahrez, o alxerino que o Leicester non quere soltar.

Por iso, e segundo La Gazzetta dello Sport, a Roma ofrecería ata 35 millóns polo galego. Se o Real Madrid rexeitase a oferta, o conxunto italiano manexa tamén as opcións de Samu Castillejo e Munir, sempre segundo o diario deportivo italiano.

Comentarios