Á rica carne de caza!

Imaxina 2013 llega a los alumnos del IES María Sarmiento de Viveiro (Foto. AMA)
photo_camera Imaxina 2013 llega a los alumnos del IES María Sarmiento de Viveiro (Foto. AMA)

os amantes da boa gastronomía teñen unha cita mañá en Cervo nunha nova edición dos Venres Gastronómicos. Esta vez o produto estrela é a carne de caza, especialmente a de corzo e xabaril.

Cinco son os bares e restaurantes das parroquias de Cervo e Sargadelos que participan nesta iniciativa: O Almacén, O Caseto de Copa, Río de Ouro, O Zoco e Bar de Figueirido. Cada un deles preparará a carne en base a unha receita diferente en forma de tapa, que se poderá degustar a un prezo módico. Os locais empezarán a servir as tapas a partir das oito e media da tarde e ata as once e media.

Ás doce menos cuarto, está previsto o habitual sorteo de produtos gastronómicos. Nesta ocasión no bar O Zoco.

O alcalde de Cervo, Afonso Villares, e a edil de turismo, Begoña Alonso, acompañaron onte aos responsables dos bares e restaurantes participantes na presentación do novo cartel, posto a que o Concello colabora coa iniciativa.

Os Venres Gastronómicos botaron a andar hai unhas semanas coa Festa da Fabada e continuaron coa degustación de cogomelos e agora seguen coa carne de caza. A responsable de turismo cervense indicou que estes tres produtos definen moi ben a liña desta iniciativa que é «promocionar a riqueza gastronómica da zona ao mesmo tempo que se dinamiza o sector».

A proposta terá continuidade no tempo, de forma que os participantes xa traballan en novas xornadas.

O IES Monte Castelo de Burela alberga a mostra ‘Meteoro'

O IES Monte Castelo de Burela alberga ata o día 20 a exposición ‘Meteoro', composta por doce paneis informativos sobre a ciencia da climatoloxía e os fenómenos meteorolóxicos. A mostra forma parte das actividades organizadas polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e o ciclo superior de Saúde Ambiental dentro do programa Meteoescola, do plan Proxecta da Consellería de Educación. 

A tenda de Orli Lavandeira leva xa oito anos na Pontenova

Orlinda Lavandeira González celebra o oitavo aniversario da súa lencería, zapatería e demais complementos, que está situada na estrada xeral da Pontenova. Esta tempada, decoran o seu escaparate as fotos nas que ela mesma pousa xunto á súa filla nos Esquíos de Taramundi, tratando así de sacar «da monotonía o comercio local». Na imaxe, velas a ambas nun tear e «fiando lá», pola vella. 

PEQUENAS PINGA DE SOLIDARIEDADE
O Canabal de Burela ten unha cea e o Martínez Otero de Foz recolle alimentos

a solidariedade , algo típico tamén destas datas, nótase en cada esquina e son moitos os pequenos xestos que poden axudar ás persoas que contan con menos recursos a pasar mellor estas festas.

En Burela, o hotel Canabal e Cáritas organizan unha cea baile solidaria o sábado, a partir das dez da noite. O menú está composto por ameixas a mariñeira, pementos recheos de marisco, tenreira asada e sobremesas caseiras. O prezo da cea é de 25 euros, dos cales 5 doaranse directamente a Cáritas. As reservas poden facerse no mesmo hotel.

Pola súa banda, o colexio Martínez Otero de Foz porá en marcha a próxima semana o programa Nadal Solidario, mediante o cal o alumnado achega ao centro alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene, alimentación infantil e doces típicos destas datas. Despois un grupo de alumnos de 4º de Eso encárgase de organizar todas as doazóns e de transportalas aos locais de Cáritas, desde onde se distribúen ás familias focenses con máis necesidades.

Imaxina 2013 chega aos alumnos do IES María Sarmiento de Viveiro

Máis de corenta alumnos do IES María Sarmiento de Viveiro achegáronse ao mundo da imaxe a través do festival audiovisual Imaxina 2013, impulsado pola fundación Imdecum. Os estudantes recibiron a visita do novísimo artista local, David Catá, internado nun proxecto persoal que inclúe a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance e do persoal da Caixa Escura Producións, que lles achegou aos detalles da fotografía. Seis institutos da comarca participan no Imaxina este ano.

Comentarios