A residencia de Castro de Rei abrirá o 15 de xaneiro tras unha década de obras

Habitaciones
photo_camera Habitaciones

A ONG internacional Mensaxeiros da Paz ten previsto abrir o próximo 15 de xaneiro as portas da nova residencia de maiores e centro de día de Castro de Rei, habilitada nunha antiga edificación anexa ao colexio Ramón Falcón, logo de máis dunha década de xestións e obras que foron demorando a posta en marcha destas instalacións ao longo dos anos.

O novo edificio conta con instalacións para ofrecer distintos tipos de atencións sociais. Así, no apartado de residencia ofrécense 34 prazas residenciais e dúas de enfermería. Para persoas con discapacidade ou cunha dependencia grave, están reservadas 19 prazas residenciais e unha de enfermería. Ademais, haberá un centro de día, con capacidade para 19 persoas.

RESIDENCIA

  • Cuartos dobres e individuais. As 56 prazas residenciais están distribuídas entre a planta baixa, onde están as 19 para persoas con discapacidade, e os outros dous pisos.
  • Habitacións. O centro conta tanto con habitacións individuais como dobres, que destacan pola súa amplitude. Teñen camas articuladas de tres planos e sistema de interfonía.
  • Zonas comúns. Na planta baixa está a recepción, dirección, o comedor e a cociña e unha sala de estar, a cal se pode ver desde o primeiro piso a través dunhas ventás.

CENTRO DE DÍA

  • Quinto na comarca chairega. O centro de día de Mensaxeiros da Paz será o quinto que se poña en marcha na comarca, logo dos de Abadín, Begonte, Cospeito e Guitiriz.
  • Comedor. Todas as dependencias do centro de día de Castro de Rei atópanse no segundo piso do edificio, no que predomina a cor verde. O seu comedor é laranxa.
  • Outras estancias. O centro de día tamén conta cunha sala de estar común e aseos diferenciados por sexo. En todos os baños da residencia hai llamador de urxencia.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios