A representación da Paixón chea de público o convento da Merced

Un momento de la representación, en la iglesia de La Merced. (Foto: PORTO)
photo_camera Un momento de la representación, en la iglesia de La Merced. (Foto: PORTO)

Uns 25 alumnos de educación secundaria do colexio da Merced de Sarria realizaron unha representación teatral da Paixón de Jesús, que encheu onte de público a igrexa do convento.

A obra represéntase desde fai máis de quince anos en Sarria e nela participan a maioría dos alumnos do grupo do teatro do colexio. Os estudantes levan preparando a escenificación desde fai máis dunha semana e os últimos dous días traballaron nela de xeito intensivo. «Interesa que os nenos aprendan a actuar, ensinámoslles técnicas teatrais e cada ano imos innovando. é unha experiencia moi positiva e as familias están encantadas», explicou Alejandro Robertson, quen desde hai tres anos prepara a obra cos alumnos.

Os actos incluídos no programa da Semana Santa de Sarria continuarán hoxe co Vía Crucis Interparroquial, que sairá ás oito e media da tarde de Santa Mariña para finalizar o seu percorrido no convento. Con este motivo, en varios portais da Rúa Maior instalaranse pequenos altares, explicaron os organizadores.

Mañá será a procesión do Silencio, ás dez e media da noite, coa imaxe do Cristo Cativo da Mercé e o venres, a do Santo Enterro e a Soidade, prevista para as oito da tarde.

Comentarios