Aplausos para a raíña Letizia en Mondoñedo

Protagonizou a apertura do curso de FP cun acto no IES San Rosendo. Uns 350 veciños concentráronse ante o centro para recibila

A raíña Letizia inaugura en Mondoñedo o curso de Formación Profesional nun acto no IES San Rosendo que causou expectación. A esposa de Felipe VI chegou en helicóptero ao campo de fútbol da localidade pasadas as once e media.

Xa visitou a alumnos do centro,  que lle explicaron en que consiste o seu traballo. Despois pasou a ver unha exposición creada por estudantes. Dona Letizia recibiu como agasallos da cidade episcopal unha réplica da catedral e unha torta de Mondoñedo.

Ademais da Raíña, participaron no acto protocolario o ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.

Comentarios