A Rag rende homenaxe a un antigo profesor do Instituto Masculino de Lugo

O cemiterio de San Francisco en Ourense acolleu este luns unha homenaxe a Primitivo Rodríguez Sanjurjo, destacado intelectual galego e profesor do Instituto Masculino de Lugo, no transcurso da que se descubriu unha placa que identifica a tumba onde repousan os restos mortais do escritor.

Rodríguez Sanjurjo (Ourense, 1880 - Lugo, 1947) conviviu en Madrid con grandes nomes como Otero Pedrayo e Cuevillas cos que, posteriormente, formaría parte do grupo dos inadaptados ourensáns. A placa do camposanto honra á figura de Primitivo Rodríguez, cuxos restos foron trasladados en 1959 dende o vello cemiterio de Lugo ao cemiterio histórico de San Francisco.

Consiga AQUÍ a información completa

comentarios